Curso de Sumiller

Banner Sumiller Profesional

Xa aberto o prazo de matrícula para o Curso 2017-18!   Só 25 prazas dispoñibles!

O Curso Superior de Sumiller Profesional ofrece unha formación profunda e completa aos profesionais que desexan desenvolver a súa carreira como sumiller sector vitivinícola, hostaleiro ou turístico. Grazas a un esixente programa lectivo e á participación dos docentes máis prestixiosos (Josep Roca, Ferrán Centelles, César Cánovas, Raúl Pérez, etc.),  constitúese nunha referencia da formación vitivinícola de calidade en España, ofrecendo un programa de especialización profesional non dispoñible previamente en Galicia.

Este curso aborda a xestión dos viños desde unha perspectiva integral que inclúe fundamentos de viticultura, enoloxía e cata, así como técnicas de márketing aplicadas ao viño.

Así mesmo, a través dun programa eminentemente práctico profundaremos nos coñecementos necesarios para que o alumnado asuma novos retos, tales como:

  • A difusión da cultura do viño, achegándoa a cada restaurante, vinoteca e taberna.
  • O desenvolvemento do enoturismo como alicerce da nova economía rural.
  • A orientación á calidade e a innovación como estratexia de diferenciación no mercado global.
  • A procura de novos mercados nacionais e internacionais.
  • A adecuada orientación á calidade e á innovación nos sectores vitivinícola e hostaleiro.
Alumnos Curso Sumiller
Visita A Viñedo
Visita A Bodega

Ficha do curso

Alumnos sen residencia en Galicia

A quen está dirixido

Metodoloxía docente

Profesorado

Programa lectivo

Admisión

Biblioteca