Cursos

Galicia conta cuns inmellorables recursos para lograr o éxito nas áreas da gastronomía, o turismo e a agroalimentación, sendo proba diso a existencia dun gran número de produtos galegos de primeiro nivel con identificativos de calidade e denominación de orixe que supoñen ademais un gran reclamo turístico.

Con todo, o éxito dos nosos produtos dependerá, en gran medida, da capacidade que teñamos de axustar as enormes posibilidades da nosa terra ás necesidades dos mercados locais, nacionais e internacionais. A profesionalización das persoas que forman parte das nosas empresas hostaleiras e agroalimentarias é, sen dúbida, fundamental para competir con éxito nestes competitivos mercados.

A ausencia ata o momento duns estudos específicos en Galicia para capacitar aos profesionais da selección, xestión, comunicación e servizo do viño, atendendo ademais as demandas e peculiaridades deste sector na nosa comunidade, fai deste curso unha iniciativa totalmente necesaria e nova na nosa comunidade.

Cursos:

Máis información: Solicita información sobre os nosos cursos na sección de contacto.