Coñécenos

Coñécenos

No ano 2006, Xoán Cannas iníciase na docencia do viño como Director de Programación da aula do Viño de Afundación. Os seus estudos en Ciencias da Educación xunto coa súa dilatada experiencia como sumiller lévanlle a desenvolver un intenso labor formativo que servirá para achegar os segredos do viño a centos de profesionais e afeccionados ao longo de toda Galicia.

Xoán Cannas, director del INGAVI

Como continuación deste labor educativo, no ano 2010 nace o Instituto Galego do Viño para estender a formación vitivinícola ao ámbito profesional e achegar á sociedade o coñecemento do viño a través, non só de seminarios e cursos de especialización, senón tamén mediante a organización de eventos e premios como son o congreso “Atlante Wine Forum″ ou os  “Premios Magnum do Viño Galego”.

A día de hoxe, o equipo de docentes do Instituto Galego do Viño está constituído por catadores, viticultores, enólogos e adegueiros de prestixio internacional dispostos a compartir contigo os seus coñecementos e, o que é máis importante, a súa gran paixón polo viño!

Estes profesores, xunto cos centos de alumnos que pasaron por algún dos cursos dirixidos por Xoán Cannas nos últimos anos forman a gran rede de traballo do Instituto Galego do Viño. Temos un sitio para ti, úneste?