El INGAVI y la Cidade da Cultura apuestan por la formación de los emprendedores

El INGAVi y la Cidade da Cultura apuestan por la formación de los emprendedores

 

El Ingavi, dirigido por Xoán Cannas y Jorge Vila, renueva su compromiso con el Centro de Emprendimiento del Gaiás y con la promoción de actividades formativas y eventos de primer nivel que reconozcan el trabajo de emprendedores

 

El Ingavi dirige su actividad docente de alto nivel a profesionales de los sectores vitivinícola, hostelero y turístico, fomentando la mejora de la capacitación laboral y promoviendo las actividades emprendedoras

 

A Cidade da Cultura de Galicia e o Instituto Galego do Viño (Ingavi) promoverán desde o Centro de Emprendemento do Gaiás actividades formativas e de asesoramento que beneficiarán ás empresas emprendedoras.

 

Así se recolle nun convenio asinado pola directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, e o director do Ingavi, Xoán Cannas, polo que o Instituto Galego do Viño organizará ao longo dos próximos cinco anos actividades formativas e de asesoramento, así como eventos que sirvan de plataforma de desenvolvemento e promoción da marca Galicia.

 

O Instituto Galego do Viño renova, un ano máis, o seu compromiso co Centro de Emprendemento do Gaiás, ao que pertence desde o ano 2013, consolidando a formación de alto nivel a profesionais e emprendedores que desexan reforzar as súas competencias no ámbito do sector turístico, vitivinícola e hostaleiro.

 

Curso de Sumiller, Barman e Xestión de Restaurantes e Viñotecas

Así, o Ingavi continuará impartindo na Cidade da Cultura o Curso Superior de Sumiller Profesional, o Curso de Especialización en Barman Profesional e o Curso de Xestión de Restaurantes e Viñotecas, especialmente enfocado á emprendedores que queiran poñer en marcha un novo proxecto empresarial neste eido profesional. O claustro docente destas formación conta coa presenza de figuras de renome como Guillermo Cruz, head sumiller del Mugaritz, y Mejor Sumiller de España en 2014; Ferrán Centelles, sumiller de El Bulli (tres estrelas Michelin); César Cánovas, mellor sumiller de España en 2006 e uno dos dez mellores do mundo; ou Pepe Solla, dono e xefe de cociña de Casa Solla (unha estrela Michelin).

 

O convenio de colaboración entre a Cidade da Cultura e o Ingavi inclúe a celebración de eventos como o Viñerón, feira vitivinícola que favorece o encontro directo entre quince dos mellores novos talentos do viño; ou os Premios Magnum do Viño Galego, que recoñecen o traballo dos mellores produtores do ano. Todas estas actividades organizadas polo Ingavi coa colaboración da Cidade da Cultura perseguen fomentar o interese polos viños galegos e por todos os elementos culturais que implican e converter a formación na clave para lograr a excelencia do sector hostaleiro e vitivinícola de Galicia.

Publicado en Noticias y etiquetado , , , , , , , , , .