Esther Daporta Recibe o Premio Mágnum á Mellor Sumiller e As Caborcas 2012, de Telmo Rodríguez, o de Mellor Viño

Ganadores Premios Mágnum 2015O xurado da quinta edición dos galardóns que outorga o Instituto Galego do Viño escolleu a Algueira como mellor adega galega e concedeu a distinción honorífica a Miguelanxo Besada   

Miguel Anxo Besada recolleu onte de mans do director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas, o Premio Mágnum honorífico ‘Viñolvidable’ polo seu traballo a prol do viño galego, nun acto celebrado na Cidade da Cultura de Galicia e que contou coa presenza da directora xeral de Producción Agropecuaria, Patricia Ulloa; do director do AGADIC, Jacobo Sutil; do responsable de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro; da concelleira de Economía do Concello de Santiago de Compostela, Reyes Leis; da directora-xerente da Cidade da Cultura, Beatriz González; e dun cento de profesionais do mundo do viño.

O xurado destes galardóns, que xa alcanzan a súa quinta edición, nomeou a Algueiracomo mellor adega galega –entendida como colección de viños- , destacando que Fernando González “é, por dereito propio, un dos nomes que quedará para a posteridade do viño galego”.

Pola súa banda, As Caborcas 2012, de Telmo Rodríguez, conseguiu o Premio Mágnum aomellor viño  ao tratarse “dun caldo de Valdeorras que expresa o potencial e a elegancia que poden alcanzar os tintos desa zona”.

A distinción de mellor viño revelación galego foi para O Esteiro 2013, de Bodegas Albamar ao “ser un reflexo do gran momento de creatividade que atravesa esta adega”.      

Esther Daporta, do restaurante Yayo Daporta, foi nomeada mellor sumiller , no tratamento do viño galego, pola súa traxectoria dende hai xa unha década en defensa e posta en valor dos viños galegos.  

O Premio Mágnum á mellor labor de difusión, recaeu en Mariano Fisac , responsable do blog ‘Mileurismo Gourmet’ e o autor do libro recentemente editado ‘Galicia Entre Copas’.

Todos eles recibiron unha escultura realizada por Alejandra Sampedro, unha das artistas máis aclamadas na última edición da feira Art Madrid, e que consiste nunha revisión da botella magnum á que incorpora as crebas que arrastra o mar en torno ao faro Silleiro e que outorgan exclusividade a cada peza.

Á gala que tivo lugar onte asistiron tamén os alumnos e alumnas da segunda promoción do Curso Superior de Sumiller Profesional e da primeira do Curso de Especialización en Barman Profesional que desenvolve o Instituto Galego do Viño na Cidade da Cultura.

Xurado.

Ferrán Centelles, de El Bulli Foundation; César Ruiz, de Alma Vinos Únicos; Miguelanxo Besada, da Viñoteca A Curva; Adrián Guerra y Fernando Filgueira, de Viñoteca Bagos; o experto en viños e formador Mario Barrio; Xosé Lois Sebio, de Viños de Encostas; Xosé Luis Mateo, de Quinta da Muradella; Rodrigo Méndez, de Forxas do Salnés; e Luis Díaz, de La Voz de Galicia; constitúen o xurado da quinta edición dos Premios Mágnum, no que actuou como secretario o xerente do Instituto Galego do Viño, Jorge Vila; e que estivo presidido polo seu director, Xoán Cannas.

Enlaces de prensa:

Logo TVG

Logo La Voz de Galicia

Logo Faro de Vigo

Logo El Correo Gallego

Logo El Progreso

Logo Campo Galego
Publicado en Noticias.