Premiados Mágnum 2014!

Premiados Mágnum 2014 Instituto Galego do ViñoO martes 18 de marzo, tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago, a entrega dos Premios Mágnum do Viño Galego 2014 ante case 200 convidados representantes do mundo do viño galego. A continuación podes consultar os elexidos polo xurado como mellores traballos:

 

1)  Mágnum ao Mellor Sumiller no Tratamento do Viño Galego:

  • Juan Ayerbe (ElSumiller.es)

Entregou o premio don Rafael Sanguino, Director de Márketing de La Voz de Galicia.

 

2)  Mágnum á Mellor Labor de Difusión do Viño Galego:

  • De Vinos – La Voz de Galicia

Entregou o premio dona Beatriz González Loroño, Xerente da Fundación Cidade da Cultura

 

3)  Mágnum ao Mellor Viño Revelación Galego:

  • Sábrego 2010 – Quinta da Muradella

Entregou o premio don Jacobo Sutil Nesta, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).

 

4)  Mágnum ao Mellor Viño Galego:

  • Issué 2010 – Bernardo Estévez

Entregou o premio D. Antonio Crespo, Director Xeral de Desenvolvemento Rural.

 

5)   Mágnum á Mellor Adega Galega (entendida como colección de viños):

  • Zárate

Entregou o premio don Ángel Curras, Alcalde de Santiago de Compostela.

 

6)     Mágnum Honorífico “Viñolvidable” a un profesional destacado polo seu traballo a prol do viño galego:

  • Gerardo Méndez

Entregou o premio don Xoán Cannas, Director do Instituto Galego do Viño.

 

Este mércores 19 pola tarde darase a coñecer o gañador da estancia no Hotel OCA Balneario Augasantas pola súa participación na votación do Mágnum ao Mellor Sumiller 2014.

Podes consultar todos os nominados 2014 pinchando aquí.

E tamén podes consultar como foi recollido por algúns medios nos seguintes enlaces:

Telexornal TVG

La Voz de Galicia

Premiados Mágnum 2014 Instituto Galego do Viño

 

Publicado en Noticias.