Premios Magnum do Viño Galego 2010

A edición de 2010 estivo presidida polo Conselleiro de Cultura e contou coa presencia do Presidente da Deputación de Pontevedra, a Directora Xeral de Tursimo, o Director Xeral do Medio Rural ademáis de presidentes e técnicos de tódolos consellos reguladores das denominacións de orixe de Galicia e periodistas especializados coma José Peñín, editor e director da prestixiosa Guía Peñín, entre outros.

Naquela edición os galardonados foron os seguintes:

  • Guillermo Campos, editor e Director da revista HGT como mellor divulgación do viño galego.
  • Restaurante Casa Solla como mellor tratamento de viños na sala
  • Merenzado de Algueira 07 como mellor viño do ano
  • Quinta da Muradella como mellor adega do ano
  • Alfredo Álvarez co premio honorífico, Vinolvidable.

Esta primeria edición dos premios foi a ocasión ideal para favorecer o encontro entre os profesionais do sector en Galicia co obxectivo de compartir novos proxectos, crear sinerxias e situar as opcións e expectativas do sector ó mesmo nivel que os máis punteiros de Europa. Sempre, iso si, desde a óptica das nosas necesidades e con enfoques propiamente galegos.

Publicado en Noticias.